Ascese - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Ascese
- Do grego "áskesis" (exercicio, preparación para unha proba). Termo procedente da práctica ximnástica que Platón aplicará ao ámbito da moral para referirse á actividade da alma en pos da súa liberación do corporal, a fin de regresar ao seu lugar de orixe.
Os estoicos utilizárono cun sentido similar, como exercicio de abstinencia da alma para controlar as paixóns e o pensamento.
Esta característica da ascese, como exercicio de abstinencia, de privación, de afastamento do sensíbel, é común tamén a varias relixións, como medio para facerlle posíbel á alma á unión co divino, ou como simple exercicio de expiación e purificación.