Anamnese - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Anamnese
- Do termo grego "anámnesis". Adoitase traducilo por reminiscencia. Platón introdúceo no Menón para formular a súa coñecida asimilación da aprendizaxe á lembranza ou reminiscencia. Segundo a teoría platónica da reminiscencia, a alma, sendo inmortal, coñeceuno todo na súa existencia anterior polo que, cando creemos coñecer algo, o que realmente ocorre é que a alma lembra o que xa sabía. Aprender é, polo tanto, lembrar.