A fortiori - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- A fortiori
-
Esta expresión latina pódese utilizar en dous sentidos. No primeiro deles, para indicar que existen enunciados, no discorrer dun razoamento, que reforzan a verdade da proposición cuxa validez se quere demostrar; neste caso dise de tal proposición que é "a fortiori" verdadeira.
No segundo sentido, chámase "a fortiori" ao argumento no que se utilizan adxectivos comparativos (maior que, mellor que) de xeito que permitan pasar dunha proposición a outra.