Accidente - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Accidente
- Recibe o nome de accidente aquilo que non se pode considerar como un elemento esencial, nin derivado da natureza esencial dunha cousa.
Para Aristóteles, o accidente é unha forma de ser que se dá nunha substancia, polo que existe en virtude de outra cousa; na Metafísica (libro V) defíneo do seguinte modo: "Accidente dise do que se atopa nun ser e pode afirmarse con verdade, pero que non é, con todo, nin necesario nin ordinario"... e nas "Categorías" recoñece as seguintes nove formas de ser accidental: cantidade, calidade, relación, lugar, tempo, posición, estado, acción e paixón.