Ligazóns a sitios de filosofía

Filosofía para Secundaria

As ligazóns seguintes conducen a outros sitios web.

1. Cuaderno de materiales. Tamén aquí poderás atopar materiais de filosofía para o Bacharelato (na sección "Recursos de Filosofía e Ciencias Humanas"): selección de textos, Hº da filosofía grega, glosario de termos usuais en filosofía e biografías.

2. Historia de la Filosofía. Nesta páxina de Óscar Fernández poderás atopar os temas de COU (similares aos de 2º de Bacharelato LOGSE), textos dos principais filósofos, un vocabulario de termos filosóficos, biografías, modelos de exames resoltos, unha táboa cronolóxica, etc.

3. Página sobre Filosofía. Esta é a de Francisco Conde: "O obxectivo desta páxina non é outro que contribuír co meu pequeno gran de area a que o "pensamento" e as "ideas" estean tamén presentes en Internet... Presentación dunha continuada selección de textos de autores filosóficos... textos dos Presocráticos, Sócrates, Platón, Aristóteles, Descartes, Spinoza, Hume, Kant, Hegel, Kierkegaard, Sartre, Wittgenstein etc. A idea é lograr con tales textos unha mestura de rigor e de entretemento."

4. Falacias lógicas Que é unha falacia lóxica? Unha falacia lóxica é unha proposición presentada como verdadeira nunha afirmación, pero que só o é aparentemente. E a min que me importa isto? As falacias lóxicas son utilizadas comúnmente para xustificar argumentos ou posturas que non son xustificábeis utilizando a razón. Adoitan enmascarar enganos, falsidades, ou estafas. Saber recoñece-las falacias lóxicas é de gran axuda para non ser enganado.

5. A arte de Razoar, Persuadir, Refutar. Na web usoderazon.com, de Ricardo García Damborenea, poderás atopar un programa integral de iniciación á lóxica, o debate e a dialéctica, cunha extensa relación de argumentos e o máis completo dicionario de falacias.

6. Cibernous. Web administrada por Elena Diez de la Cortina Montemayor, de interese para os alumnos de Filosofía de 2º de Bacharelato. Exponse o pensamento dos principais autores do temario oficial de 2º, e engádense textos, exercicios, xogos, foros, etc.

7. Boulesis é un punto de encontro, diálogo, reflexión e intercambio. Pretende ser un espazo onde se poidan atopar materiais ou recursos didácticos para o ensino da filosofía (ou de asignaturas afíns, como ética, psicoloxía, CTS...). Podes envia-los teus propios materiais e aos poucos trataremos de ir incorporándoos.

8. anantes.net quere ser un escaparate persoal da miña actividade filosófica, dinos Ismael Rojas Pozo, na presentación da súa web, un diálogo co lector, un camiño de investigación, unha axuda para o alumno e un punto de vista máis do mundo. Todo irá tomando forma de maneira natural, sen forzar, cada paso será un fin en si mesmo e o camiño crearase só.

Subir

Canles de vídeo e materiais audiovisuais

A ligazón seguinte leva a outro sitio web.

1. Unboxing Philosophy. Ola madafakas, chámome Daniel Rosende, estou licenciado en filosofía e nesta canle axudareivos a afrontar con éxito as diferentes materias de filosofía do ensino medio. A canle comporase de catro bloques. Nos 3 bloques principais: veremos a (1) Ética para a ESO, (2) Filosofía para Primeiro de Bacharelato e (3) Historia da Filosofía para Segundo de Bacharelato, limitareime a mostrarvos os estándares académicos actuais, é dicir, a filosofía que atopades nos libros de texto. Finalmente, haberá un bloque de Vídeos Especiais onde tratarei temas de filosofía divertidos ou interesantes de forma libre. Espero que vos axuden a mellorar e que os gocedes.

Subir

Outros sitios de Filosofía

As ligazóns seguintes conducen a outros sitios web.

1. Filosofos.net sitio de filosofía, cunha adicación especial á figura do filósofo británico Bertrand Russell, ademais dunha importante sección, Cadernos de Filosofía, aínda nos seus momentos iniciais, adicada aos temas de filosofía do temario que deben preparar quen optan a postos de profesorado de filosofía en Centros Públicos, e que se completa cuns Foros de discusión sobre as cuestións máis actuais.

2. Guide to Philosophy on the Internet. Como o seu nome indica, unha guía moi completa para moverse en Internet en cuestións de filosofía: ligazóns a guías noutros idiomas, ensaios sobre os máis destacados filósofos, cursos, revistas, textos, bibliografía, enciclopedias, etc.

3. Euclides.org. Euclides de Alexandría -arredor do 300 aC -, coñecido como "O Pai da Xeometría" foi un matemático grego do período Helenístico que salientou en Alexandría, Exipto, case con total seguridade durante o reinado de Ptolomeo I (do 323 aC ao 283 aC). Desde esta web poderás seguir ademais as ligazóns a outras webs dedicas a Pitágoras, Galileo, Lobachevsky e un longo etcétera.