Colaboracións - Filosofía e feminismo

Apuntamentos de Aspasia, revisados por Dorotea e Kala, foristas de Webdianoia, sobre a lectura de “Feminist History of Philosophy” na Stanford Encyclopedia of Philosophy e do libro de Nancy Tuana titulado “Woman & the History of Philosophy”.

Se alguén pode/quere axudarnos a mellorar ou ampliar estes apuntamentos ou esta sección, pode poñerse en contacto con nós a través do noso formulario de contacto.

Filosofía e Feminismo

Por que é importante a historia da filosofía para as filósofas feministas?

Por que é importante para a filosofía que exista a crítica feminista nesta área de coñecemento?

As filósofas feministas...

O obxectivo de crítica feminista é ampliar o marco da filosofía, revisando e actualizando os seus conceptos, de xeito que o “o Home” da filosofía poida incluír ás mulleres, ao conxunto dos seres humanos.

A crítica feminista en filosofía identifica e aborda os seguintes problemas xerados por un sistema de organización social e conceptualización do mundo que é de natureza patriarcal machista e misóxina (entre outras cousas, pero de esas outras cousas se ocupan outros tipos de crítica porque a feminista ocúpase de como o sistema afecta ás mulleres como grupo, loxicamente):

* Incluír ás filósofas

A revisión feminista da historia da filosofía fai unha recuperación das filósofas que existiron na historia, e ademais inclúe como filósofas a mulleres como Mary Wollstonecraft, Hannah Arendt e Simone de Beauvoir, que non foron consideradas filósofas polos homes que seleccionaban e transmitían a historia da filosofía. O problema histórico da exclusión das mulleres deste ámbito do coñecemento humano non só se manifesta en que non aparecen filósofas na historia da filosofía clásica, senón tamén no feito de que se nalgún texto se menciona a algunha, non se considera que esta faga ningunha achega relevante como para ingresar na historia da filosofía como filósofa.

* Identifica-la misoxinia imbuída nos sistemas filosóficos

A crítica feminista que analiza o problema cultural da misoxinia ou o machismo que impón o patriarcado ten tres ramas de investigación:

A crítica feminista cuestiona a suposta “universalidade” dalgúns conceptos filosóficos, unha razón universal que se fundamenta en conceptos do sistema patriarcal de xénero. Mostra tamén que se identifica como universal o masculino. En filosofía, é común que as ideas de razón e obxectividade se identifiquen co home e o masculino e que se definan en oposición a conceptos asociados á muller e o feminino. Por que identificar a razón co masculino e o home? A partir da crítica feminista, analízase aos autores intentando indagar se o sistema de xénero influíu na súa filosofía, e ata que punto a filosofía de dito filósofo conservaría o seu sentido se se despoxara dos contidos que se apoian na perspectiva de xénero. Exemplo: Que queda da filosofía de Aristóteles se se omite o que estea fundamentado (erroneamente segundo sabemos hoxe) na distribución dos roles de xénero?

* Rescatar da filosofía clásica o que contribúe ao pensamento

Por outra parte, a revisión feminista da historia da filosofía busca tamén atopar todo o que poida ser antecedentes da filosofía feminista na obra dos devanditos filósofos (p.e. Hume) ou aproveitábel para as correntes actuais do feminismo ou a análise filosófico feminista.

*********************************

Nós lemos e discutimos sobre o tema da misoxinia na filosofía. Imos empezar contándovos o que aprendemos sobre como ven á muller Platón e Aristóteles. Como non pedimos fe a quen lea, ofrecemos datos sobre onde poden encontrarse as pasaxes citados.

Aínda que dise que Platón era un pre-feminista por como fala das mulleres da clase alta en “A República”, noutras obras explica que a muller é metafisicamente inferior ao home, como veremos. Aristóteles considéraa enteiramente inferior ao home, e desenvolve a súa análise falando do fisiolóxico. Pensemos en como a Igrexa católica usou a Aristóteles a partir da perspectiva de xénero.

Avatares de Aspasia, Dorotea e Kala, respectivamente, utilizados nos foros de webdianoia

 Avatar de Aspasia nos foros de webdianoia Avatar de Dorotea nos foros de webdianoia Avatar de Kala nos foros de webdianoia