Selectividade en Galicia

Acceso á Universidade en Galicia

Probas de acceso á Universidade en Galicia (ABAU)

A proba de avaliaición do Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) estrutúrase en dúas partes denominadas respectivamente Parte Obrigatoria e Parte Voluntaria.

PARTE OBRIGATORIA

A Parte Obrigatoria da proba ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe acadar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguiren as ensinanzas universitarias oficiais de Grao, especialmente no que se refire á compresión de mensaxes, uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos e técnicas fundamentais dunha materia de modalidade. Versará sobre as materias troncais xerais cursadas, a materia correspondente do bloque das materias troncais da modalidade elixida, así como sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II.

PARTE VOLUNTARIA

A Parte Voluntaria da proba ten por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretende cursar e permite mellorar a cualificación obtida na Parte Obrigatoria.

___________________________________

A sección de webdianoia dedicada á ABAU non seguirá sendo rigorosamente actualizada xa que as Universidades ofrecen nas súas webs información detallada e actualizada sobre a mesma, nas súas diversas modalidades. Para estar ao corrente das posibles novidades nas Probas de acceso recomendámosvos que consultedes directamente as seccións de Acceso das Universidades das vosas respectivas zonas escolares, algunha de cuxas direccións podedes atopar a continuación.


Información sobre o acceso á Universidade

Estrutura da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade

Exames, criterios e solucións das últimas convocatorias das PAU e ABAU

Atención: o modelo de exame pode sufrir modificacións cada curso (aínda que sexa pouco frecuente que ocorra debes asegurarche de coñecelas). As modificacións, en calquera materia que se produzan, comunícanse a todos os Centros de Secundaria e anúncianse nas web das Universidades.


Outras ligazóns de interese

Se desexas obter modelos de exame das Probas de anos anteriores podes dirixirche á sección de Selectividade da Comisión Interuniversitaria de Galicia, onde poderás acceder ademais a toda a información relacionada coas Probas de Acceso á Universidade, así como á normativa pola que se regulan.

As PAU dependen das Universidades. Diríxeche a elas para obter información fidedigna sobre todo o que che interesa saber sobre a Selectividade. É a túa responsabilidade e o teu dereito.