Selectividade en Castilla y León
Probas de acceso á Universidade en Castilla y León
Modelos de exame de filosofía das Probas de Acceso á Universidade (PAU - Bacharelato LOGSE), e criterios de corrección, en Castilla y León.
Os documentos atópanse en formato .pdf., polo que se require un lector de PDF para poder acceder a eles. É preciso, pois, que teñas instalado algún dos programas lectores de PDF, (o ofrecido por Acrobat Reader ou o de Foxit Reader, por exemplo), e que podes descargar de balde nas seguintes ligazóns: Adobe Acrobat Reader, ou Foxit Reader.
As ligazóns aos criterios de corrección e aos exames de xuño e setembro de 2005 e 2006 levarante á sección de Probas de acceso da Universidade de Salamanca, onde poderás consulta-los de tódalas materias. Tamén está dispoñíbel dita información na Universidade de Valladolid.
Modelos de exame en formato "pdf", en castelán
Atención: o modelo de exame pode sufrir modificacións (aínda que non é nada frecuente que ocorra). As modificacións, en calquera materia que se produzan, comunícanse a todos os Centros de Secundaria e anúncianse nas web das Universidades.
Modelos de exame de anos anteriores
Se desexas obter modelos de exame das Probas de anos anteriores podes dirixirte á sección de Selectividade da Universidade de Valladolid ou á da Universidade de Salamanca. Nelas poderás obter máis información sobre as características das probas e a oferta de estudios universitarios.
As PAU dependen das Universidades. Diríxete a elas para obter información fidedigna sobre todo o que che interesa saber sobre a Selectividade. É a túa responsabilidade e o teu dereito.
Tes dúbidas ou preguntas? Visita os novos Foros de Selectividade e resólveas cos teus compañeiros e compañeiras.