Nova versión de webdianoia en galego

Estamos a preparar unha nova versión de webdianoia co principal obxectivo de mellorar a súa usabilidade en dispositivos móbiles e tablets. Tamén aproveitamos a ocasión para substituír os exercicios que requirían o uso de Java por outros formatos máis seguros para o usuario/a. Do deseño actual conservaremos a foto da cabeceira e pouco máis. A barra de navegación principal mostrarase na parte superior de cada páxina, e permanecerá alí de forma estática, e modificaremos as categorías desta. Esperamos poder realizar o cambio nuns poucos días e que sexa do voso agrado.

A seguinte información actualizouse en decembro de 2022:

A versión en galego deixará de ser un subdominio propio (http://galego.webdianoia.com/) e pasará a ter a seguinte dirección: https://www.webdianoia.com/gl/.

Views: 32

LII Congreso de Filosofía Joven, Zaragoza (abril de 2015)

Do 14 ao 17 de abril de 2015 terá lugar en Zaragoza o “LII Congreso de Filosofía Joven”, coa temática “Filosofía e presente: pensar a crise”. O período de call for abstracts/recepción de resumos de comunicacións queda aberto dende o 17 de novembro ata o 11 de xaneiro.

Os obxectivos do encontro son unha reapropiación operativa do termo “crise” dende a reflexión filosófica e a vinculación do pensamento coas problemáticas abertas na nosa actualidade: as nosas vidas son a crise.

Este 52 congreso de filosofía xoven pretende abrir o espazo de hipocrisía privilexiada para respirar e aprender a respirar de novo. No medio desta frenética marcha é hipócrita, si, pero tamén necesario deternos a expoñer e pensar colectivamente as nosas vidas. Para os cales teñamos tempo (condicións materiais) ou, a falta de tempo, risco e ganas.

Máis información sobre as características do Congreso, as Mesas, as condicións de participación, etc. na web do LII Congreso:

LII Congreso de Filosofía Joven

Views: 35